Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre a AP-9 en sentido A Coruña despois de que un camión envorcase e ardese á altura de Barro

Abre a AP-9 en sentido A Coruña despois de que un camión envorcase e ardese á altura de Barro

A Garda Civil de Tráfico procedeu ao corte da vía AP-9 (A Coruña-Tui) no seu punto quilométrico 121 en ambos os sentidos

O condutor do camión saíu polo seu propio pé, ten queimaduras de primeiro grao e contusións e transportaba cervexa

G24.gal 02/10/2026 08:10 Última actualización 02/10/2026 09:29

Ás 07:22 horas deste venres houbo un sinistro que consistiu nunha saída de vía. Envorcou un camión e posteriormente ardeu. A Garda Civil de Tráfico procedeu ao corte da vía AP-9 (A Coruña-Tui) no seu punto quilométrico 123 en ambos os sentidos, á altura do termo municipal de Barro. Habilitáronse desvíos nos puntos quilométricos 119 sentido crecente e 129 sentido crecente.

Pasadas as 08:15 procederon a abrir a autoestrada en sentido A Coruña. O condutor do camión saíu polo seu propio pé, ten queimaduras de primeiro grao e contusións e transportaba cervexa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade