Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres feridos en Castro de Rei nun accidente múltiple entre un camión e dous coches

Tres feridos en Castro de Rei nun accidente múltiple entre un camión e dous coches

O sinistro foi no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil

G24.gal 01/10/2026 15:17

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves en Castro de Rei nunha colisión múltiple no que se viron implicados un camión e dous coches.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron pouco despois das 11:00 horas e foi un particular o que alertou de que un camión que transportaba formigón envorcara no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil, en Castro de Rei.

A mesma persoa indicaba que o condutor deste vehículo industrial permanecía no interior da cabina e outros dous coches estaban implicados no accidente.

Deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e ao servizo de mantemento da estrada.

Os bombeiros confirmaron que non tiveron que liberar o condutor, xa que cando chegaron se atopaba fóra do camión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade