Feridas dúas persoas tras chocar o seu vehículo contra dous coches aparcados en Boiro
Como consecuencia da colisión, as dúas persoas que viaxaban no turismo quedaron feridas e unha delas tivo que ser liberada polos bombeiros antes de ser trasladada en ambulancia en estado grave
Bombeiros de Boiro
Dúas persoas quedaron feridas tras saír da vía o vehículo en que circulaban e chocar contra dous coches que estaban estacionados na Pesqueira, na localidade coruñesa de Boiro.
Segundo informou o 112 Galicia, un particular contactou coa central de emerxencias ás 23:15 horas para alertar deste sinistro, que se produciu no quilómetro 3 da estrada DP-1107.
Como consecuencia da colisión, as dúas persoas que viaxaban no turismo resultaron feridas e unha delas tivo que ser liberada polos bombeiros antes de ser trasladada en ambulancia en estado grave.
No operativo, ademais dos Bombeiros de Boiro e dos servizos sanitarios, tamén participaron axentes da Garda Civil e efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil.