Cargando resultados...
O CDG presenta a súa última montaxe, 'A gaivota'
'A gaivota, ensaio aberto' é a última proposta do CDG a partir do texto de Antón Chejov
As tres actrices confrontan o clásico do século XIX coas novas formas de teatro e creación
Na produción desta obra o CDG traballa con varios teatros e colectivos de Galicia, A Arxentina e O Uruguai
G24.gal
02/10/2026 10:23
Última actualización 02/10/2026 10:30
Última proposta do Centro Dramático Galego, unha reinterpretación dun texto teatral clásico, 'A gaivota' de Antón Chejov.
Sobre o escenario, tres actrices entrelazan fragmentos da obra do autor ruso con experiencias persoais.
A montaxe, dirixida por Santiago Cortegoso e o portugués Neto Portela, estará desde hoxe ata o domingo no Salón Teatro, en Santiago.