Galicia, no Grupo 1: seis equipos na Segunda Federación 26/27
O próximo martes 30 celebrarase o acto de presentación del calendario
Imaxe da RFEF
Foi aprobada a estrutura da Segunda Federación para a tempada 2026/2027. Cinco grupos de dezaoito clubs cada un deles. A categoría quedou dividida da seguinte forma:
- Grupo 1: Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco
- Grupo 2: A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña
- Grupo 3: Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia e Illas Baleares
- Grupo 4: Andalucía, Estremadura e Illas Canarias
- Grupo 5: Castela e León, Madrid, Castela-A Mancha e Calamocha C. F.
No grupo 1, son seis equipos galegos que confirman Galicia como unha das comunidades de rederencia en Segunda Federación. O Arosa S. C., que pechou a tempada pasada como líder da Terceira Federación, afrontará a nova campaña con movementos na súa plantilla. O Coruxo C. F., Bergantiños C. F. e o Ourense C. F. buscarán ascender nunha categoría de moita presenza galega. O último representante, a S. D. Compostela, chega como recente ascendido tras confirmar a súa plaza en Cataluña ante o Badalona. Caso especial o do C. D. Arenteiro que ten que resolver a súas débedas para non sufrir un descenso administrativo.
Completan o Grupo 1 o Raio Cantabria, o Real Oviedo Vetusta, o C. D. Basconia, a S. D. Amorebieta, o Club Marino Luanco, a R. S. Gimnástica de Torrelavega, o Club Portugalete, a S. D. Éibar B, Sestao River Club, o Deportivo Alavés B, S. D. Gernika Club e a U. D. LLanera.