Publicador de contidos

Publicador de contidos

A santiaguesa Alejandra Neira arrasa e revalida o título de campioa de España de CRI júnior

A santiaguesa Alejandra Neira arrasa e revalida o título de campioa de España de CRI júnior

Conquista o seu segundo ouro nacional consecutivo tras superar a Ane Zubeldia e Lidia Castro

A nedense Inés Santalla terminou a proba en sétima posición

Foto Federación Española de Ciclismo Foto Federación Española de Ciclismo
G24.gal 25/06/2026 13:14 Última actualización 25/06/2026 13:19

A ciclista compostelá revalidou o título de campioa de España de contra o reloxo júnior ao impoñerse con absoluta autoridade en Sabiñánigo na proba inaugural do Nacional de Estrada Elite-Sub23-Junior.

A corredora galega finalizou os 18,6 quilómetros do percorrido nun rexistro final de 26:41. Este tempo reflicte a súa superioridade respecto ao resto de competidores. Avantaxou nun minuto e 34 segundos a Ane Zubeldia, e nun minuto e 43 segundos a Lidia Castro, terceira.

Pola súa banda, a nedense Inés Santalla terminou a proba en sétima posición cunha marca de 29:00.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade