Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Rueda non se vende: o Celta recúa e mellora o soldo do malagueño

Javi Rueda non se vende: o Celta recúa e mellora o soldo do malagueño

O Celta dá marcha atrás na operación de venda de Rueda ao Nottingham Forest

Importante nesta decisión a presión de Claudio Giráldez

G24.gal 26/08/2026 20:07

"Rueda é un xogador importante para nós". Claudio Giráldez deixaba claro esta mañá en rolda de prensa que a venda de Javi Rueda sería unha mala operación para o club e que o defensa era unha peza moi importante para o equipo que el quería construir en Vigo. Reaccionaba a todas as novas que daban xa por traspasado ao malagueño ao Nottingham Forest da Premier League por un valor de entre 15 e 20 millóns de euros. 

Parece que o club escoitou e finalmente non realizará esa venda. A cambio, ofrécelle ao xogador unha importante suba salarial para retelo en Vigo. Rueda seguirá xogando de celeste e mañá está convocado para o partido ante o Osasuna. 

Javi Rueda chegou ao filial do Celta en 2023 procedente do Real Madrid. Logo dunha temporada cedido no Albacete aposentouse no primeiro equipo con Giráldez, facéndose importante para o adestrador porriñés, con moitos minutos na liga doméstica e na Europa League. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar