Djalminha rememora o seu paso polo Dépor nun libro
O astro brasileiro protagoniza o novo libro do xornalista Javi Guillén
Repasou tamén a actualidade do club deportivista
Djalminha, ¡Es de otra galaxia! (Altamarea, 2026) é o libro co que o xornalista Javi Guillén retrata os anos nos que o centrocampista brasileiro vestiu de branquiazul. No libro o propio Djalminha recorda os seus sete anos como deportivista, incluida a temporada do Dépor campión de liga; pero nas páxinas aparecen tamén outros nomes que compartiron vestiario con el, como Fran, Valerón, Manuel Pablo ou Scaloni.
Na presentación, e no libro, recorda momentos como o campionato de liga, o gol ante o Celta, o penalti de Djukic e máis momentos memorables. Preguntáronlle sobre Yeremay, "somos moi parecidos", e sobre a situación social do club, pola que di sentir mágoa. Tampouco descarta volver vivir na Coruña, aínda que ten compromisos no Brasil.