Cargando resultados...
Karlis Silins regresa ao Leyma Coruña para reforzar o xogo interior
O letón xa xogou 13 partidos co conxunto herculino na tempada 2024/25
G24.gal
25/06/2026 19:18
Última actualización 25/06/2026 19:27
Karlis Silins é un pivote de 28 anos procedente de Letonia e de 2,11 metros de altura que nesta pasada tempada militou no Neptunas da liga de Lituania, onde promediou 8,8 puntos, 4,2 rebotes e 0,8 asistencias por encontro.
Silins conta tamén cunha breve experiencia na ACB da man do Leyma Coruña con Diego Epifanio. O letón xogou 13 partidos co conxunto herculino na tempada 2024/25.
✨ 𝐕𝐮𝐞𝐥𝐯𝐞 𝐒̌𝐢𝐥𝐢𝐧̧𝐬̌ ✨
— Leyma Basquet Coruña 🍊 (@basquetcoruna) June 25, 2026
El gran 𝐊𝐚̄𝐫𝐥𝐢𝐬 regresa a las filas naranjas para sumarse á nosa Arroutada! 🏀
𝐋𝐚𝐢𝐩𝐧𝐢 𝐥𝐮̄𝐝𝐳𝐚𝐦 𝐚𝐭𝐩𝐚𝐤𝐚𝐥̧, 𝐊𝐚̄𝐫𝐥𝐢𝐬 𝐒̌𝐢𝐥𝐢𝐧̧𝐬̌! 🫂🧡 pic.twitter.com/Pw34f6ZFtU