Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alonzo Verge primeira fichaxe de Básquet Coruña no seu retorno á ACB

Alonzo Verge primeira fichaxe de Básquet Coruña no seu retorno á ACB

O norteamericano xa xogara no equipo laranxa no treito final d atemporada pasada

Nos últimos días vinculaban a  súa fichaxe co Obradoiro pero os herculinos acadaron a contratación do seu ex xogador

@ACBCOM @ACBCOM
G24.gal 18/06/2026 22:22

Despois de anunciar as renovacións de Radoncic, Pacheco e Jou , Básquet Coruña moveu ficha e anunciou a fichaxe de Alonzo Verge Jr, base norteamericano que xa estivo no club laranxa no treito final da temporada pasada cando chegou para sustituír a Brandon Taylor.

Tras unha gran temporada na Bundesliga co Rasta Vechta o nome de Alonzo Verge Jr. estaba na mesa de varios equipos da liga ACB. Nas últimas horas diferentes fontes anunciaban que o Obradoiro de Diego Epifanio, co que xa coincidira no cadro coruñés, apostaba forte pola súa chegada pero finalmente a dirección deportiva que lidera Charlie Uzal gañoulle a partido ao cadro compostelán.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade