Braga e Spórting de Xixón, primeiros amigables confirmados para o Celta
O 18 de xullo xogará en terras portuguesas e unha semana máis tarde enfrontarase ao cadro xixonés no campo da Lomba
O Celta comeza a pechar os amigables de pretemporada. Confirmou as dúas primeiras citas diante do Spórting de Braga portugués e contra o Spórting de Xixón. A primeira data é o sábado 18 de xullo (20:30 horas) cando viaxe a terras portuguesas para medirse ao Braga, equipo co que compartiu camiño na Europa League esta temporada e que este ano empregará ese amigable para preparar a previa da Conference League.
A segunda confirmada será unha semana máis tarde, o día de Galicia, cando se enfronte ao Spórting de Xixón en Vilagarcía de Arousa. O campo da Lomba poderá gozar dun gran partido de pretemporada e haberá unha festa para recibir o Celta.
Primeiros AMIGABLES confirmados 🔥
— Celta (@RCCelta) June 18, 2026
🆚 @SCBragaOficial
🆚 @RealSporting
Ganas de que rode o balón, celtismo? pic.twitter.com/lmdrLre04x
O cadro vigués ten previsto iniciar a preparación o 7 de xullo coas probas médicas e cos primeiros adestramentos de cara á ilusionante campaña na que o equipo de Giráldez volverá a xogar competición europea. De momento está confirmada a fichaxe de Febas, centrocampista que chega procedente do Elx.