Balaídos rozará o cheo para o partido do Fortuna ante a Ponferradina
18.000 entradas vendidas para a final do playoff de ascenso a Segunda División
O vindeiro sábado o Celta Fortuna xogará un encontro que pode marcar un fito na historia do club, xa que o filial celeste está a un paso de lograr por primeira vez o ascenso á Segunda División. A expectación é máxima e Balaídos prepárase para un ambiente espectacular: xa se venderon máis de 18.000 entradas para o partido contra a S. D. Ponferradina.
Esta cifra superaría o récord de asistencia do Celta Fortuna, establecido na tempada 2024/2025 nun encontro ante o Deportivo na Primeria Federación, ó que acudiron 13.504 espectadores.
As entradas poden seguir cambiándose ata o xoves. O club puxo a disposición da Ponferradina arredor de 1.000 localidades, e a afección do equipo berciano situarase na grada visitante.
No deportivo, o ascenso depende do propio Celta. O equipo de Fredi Álvarez chega ao partido de volta co factor campo e cun empate sen goles (0-0) colleitado no Toralín, un resultado que incluso igualando o marcador lles perimite ascender. A Ponferradina é un rival máis defensivo polo que se espera un partido moi disputado.
O partido decisivo disputarase o sábado ás 18:30 horas e poderá seguirse pola TVG, cunha previa desde as 18:15 horas.