Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia revalida o Campionato de España de Sprint de Novas Promesas

Galicia revalida o Campionato de España de Sprint de Novas Promesas

Cuarto título consecutivo e con 45 medallas: 12 ouros, 20 pratas e 13 bronces 

A selección galega pechou a campionato con 1988 puntos, 533 de vantaxe sobre o segundo (Baleares)

G24.gal 27/07/2026 08:48

Galicia demostrou o seu dominio no piragüismo tras impoñerse, por cuarta vez consecutiva, no Campionato de España de Sprint de Novas Promesas por Seleccións Autonómicas que se celebrou no embalse de Trasona, Asturias. A selección galega finalizou as xornadas con 1.988 puntos por diante de Baleares (1455) e Andalucía (1.417) que completaron o podio. 

O equipo galego, formado por 50 deportistas, mantívose en todas as modalidades: probas individuais, embarcacións de equipo e paracanoe. A superioridade galega quedou reflexada nas 45 medallas: 12 oruos, 20 pratas e 13 bronces. 

O sábado chegaron os primeiros ouros con Gabriel Cascallar (Club As Torres-Romería Vikinga) co seu triunfo en C1 cadete masculino. Carla Corrales (Club Naútico de Cobres) sumou o segundo ouro en K1 cadete feminino

Na xornada de 500 metros do domingo, Pablo Castiñeiras (Club As Torres-Romería Vikinga) gañou en C1 500 cadete B masculinoClaudia Lamas (Club Verducido-Pontillón) impúxose no K1 500 cadete B feminino

Na final masculina de K1 500, Tiziano Nieves (Club Kayak Tudense) e Gael Sánchez (Club Cofradía Pescadores Portonovo) conseguiron ouro e bronce. David Dávila (Club de Mar Ría de Aldán) e Pablo Cid (Club Ría de Betanzos) firmaron un dobrete en C1 500 cadete A masculino. 

Carla Corrales tamén triunfou co seu segundo ouro en K1 500 cadete A feminino, por diante de Manuela Lastra (Club Piragüismo Altruán de Ribadeo) que obtivo a prata . Henrique Álvarez (Club de Mar Ría de Aldán) e Pablo Contiñas (Club Cofradía Pescadores de Portonovo) repetiron dobrete en K1 500 cadete A masculino.

En infantil, Valdo Curra (Club de Mar Ría de Aldán) e Izan Santos (Club Piragüismo Pontecesures) dominaron o C1 500 infantil B. Noel Piñeiro (Club Cofradía Pescadores de Portonovo) e Julio Ballinas (Club Piragüismo Verducido-Pontillón) fixeron o mesmo no K1 500 infantil A masculino. 

En embarcacións de equipo, Dávila e Castiñeiras levaron o C2 500 cadete masculino. Carla Corrales e Manuela Lastra conseguiron o K2 500 cadete feminino. Ademais o equipo formado por Antía Ares, Narah Cancela, Marcela Seco e Sabela Turnes lograron o primeiro posto no C4 500 infantil feminino

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade