A selección española decepciona na súa estrea mundialista ante Cabo Verde (0-0)
Dominio estéril do combinado español que tivo moito dominio pero poucas ocasións sobre a meta africana
A entrada de Lamine Yamal reactivou ó equipo español na segunda metade pero non foi suficiente
Luis de la Fuente non lle deu minutos ao compostelán Borja Iglesias q
@SEFutbol
Mal inicio da selección española no Mundial 2026 despois de non ser quen de pasar do empate sen goles ante Cabo Verde, selección 67 do mundo no ranking FIFA, que se estreba nunha fase final mundialista e sumou un inesperado punto.
España saíu dominante co reciente fichaxe do Real Madrid Cucurella coma o xogador máis incisivo. O lateral insistiu apurando liña de fondo e servindo balóns atrás que Ferran Torres non acertou a converter. Primeiro atopouse co pau no minuto 38 e despois, no 43, cun Vozinha, meta caboverdiano ao que o partido lle puxo no mapa; máis aínda na súa parada abaixo a un cabezazo de Laporte xusto antes do descanso.
Na segunda metade Fabián en tres ocasións, Oyarzabal en dúas, Laporte e Mikel Merino cun remate… ningún deles puido bater a Vozinha nin a un Pico Lopes, central caboverdiano, que estivo pegañento na marca dos atacantes de España. Buscou o choque e tapou ocos para botar por terra un remate de Oyarzabal no 88.
A alegría de Cabo Verde ante a decepción de España. Un empate que non contaba en ningunha previsión da expedición e que aviva as pantasmas do Mundial. Desde a estrela lograda en Sudáfrica 2010, España só gañou tres partidos, un por torneo, e non superou ningunha eliminatoria.