O Arousa sorprende o Pontevedra no Trofeo San Roque (3-1)
O cadro vilagarcián, recén ascendido á 2ª RFEF, tivo unha gran estrea de pretemporada diante da súa afección
Xandre, Coira e Rivera marcaron para os locais e Yelko, de penalti, marcou para o equipo visitante
Gran estrea do Arousa nesta pretemporada impoñéndose por 3-1 a todo un Pontevedra de Primeira Federación. O equipo vilagarcián levou o Trofeo San Roque e deleitou á súa parroquia diante da que se estreaba logo do ascenso á 2ª RFEF do campionato pasado.
Saiu o Arousa con Chema, Xandre, Pedro, Pacheco, Remeseiro, Gabri Palmás, Iñaki, Martín Diz, Samu Santos, Hugo García e Álex Rey. No segundo tempo entraron Antón, Concheiro, Rivera, Morante, Edgar, Torrado, Maceira, Coira e Lombao.
Polo Pontevedra o equipo inicial foi o formado por Galindo; Argos, Álvaro Pérez, Elejalde, Yelko, Ivorra, Vidorreta, Alberto Gil, Oute, Rui Pedro e Comparada. Ao longo do partido xogaron David Conde, Andrés, Álex González, Gabri, Mba, Jerín, André, Alba, Noel, Charid e Marcos Bravo.
O ex xogador do Celta Xuvenil Xandre marcou xusto antes do descanso nunha primeira parte na que se lle anulou un gol a Oute. Nada máis comezar a segunda parte Coira puxo o 2-1. Recurtou diferenzas Yelko de penalti no 63 pero acabou sentenciando Rivera.