Cargando resultados...
O Pontevedra volve a Pasarón para recibir ao Athletic B (16:30h, TVG e AGalega)
A partir das 16:05 estaremos xa en directo no En Xogo
G24.gal
12/09/2026 13:45
A experiencia en Portonovo foi óptima. Goleada, 4 a 1. Pero como na casa en ningún sitio. O Pontevedra devece por pisar o maltreiro céspede de Pasarón para seguir experimentando éxitos.
Este Pontevedra parece mellorar en calidade o equipo que o ano pasado quedou á beira da fase de ascenso. Tentará estar á altura daquel equipo en competitividade e compromiso. Hai catro meses goleaba. 4 a 0, ao seu rival desta tarde. Pero agárdase outro filial do Athletic ben diferente.
Unha vitoria, a pasada semana contra o Avilés, e un empate, son os datos do Bilabo Athletic neste inicio de liga.