Entretido partido entre o Coruxo e a U. D. Ourense que acaba en empate (2-2)
O equipo ourensán remontou o tanto inicial de Dani Rosas con tantos de Soriano e Gandarillas
Santos Fonterigo puxo o empate definitivo
Partido moi entretido o que disputaron o Coruxo e a Unión Deportiva Ourense, sobre todo tendo en conta as alturas de pretemporada na que nos atopamos. Con moita carga de adestramentos nas pernas os dous conxuntos ofrecéronlle ao público do Vao goles e alternativas.
Adiantouse o Coruxo cun tanto de Dani Rosas e antes de ir ao descanso empatou Soriano para o Ourense. Ao pouco de comezar o segundo tempo marcou Mateo Gandarillas para o cadro visitante. Hai que lembrar que Gandarillas pertenceu ao Coruxo o ano pasado e foi un dos xogadores máis destacados da Segunda Federación. O empate definitivo acadouno Santos Fonterigo mediada a segunda metade.