A UD Ourense cae goleada pola UD Logroñés (0-3) e segue sen puntuar
O equipo das Burgas suma tres derrotas noutras tantas xornadas, esta contra o líder invicto
No Couto, a UD Ourense tiña un rival intratable e un dianteiro que está de doce. Anai Morales marcou o primeiro no minuto 6 cun potente lanzamento desde dentro da área.
O segundo do Logroñés chegou na segunda metade. Minuto 59. Repite Anai Morales, desta volta cun tiro forte e colocado abaixo desde a frontal.
O cadro rioxano quedou con dez a vinte minutos da conclusión por expulsión de Cabetas, que viu dous cartóns amarelos. Pero os galegos non foron quen de meterse no partido.
E completou Morales o seu hat trick no engadido, minuto 98. Co cadro galego na procura do gol emerxeu a calidade de Anai Morales para facer o terceiro.
Cero a tres entre o líder e o cabeiro da categoría.