Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas cae con claridade ante Madison Keys

Jessica Bouzas cae con claridade ante Madison Keys

Caeu de xeito contundente coa estadounidense Madison Keys por 6-0 e 6-1 en só 54 minutos

G24.gal 24/06/2026 16:32 Última actualización 24/06/2026 16:47

A galega Jessica Bouzas despediuse este mércores en oitavos de final do torneo de Eastbourne (Reino Unido), de categoría WTA 250 e disputado en herba, ao caer de forma contundente coa estadounidense Madison Keys por 6-0 e 6-1 en só 54 minutos. Bouzas, número 48 do ránking WTA, non puido prolongar contra Madison Keys, segunda cabeza de serie, as boas sensacións mostradas na súa estrea no torneo fronte á británica Alicia Dudeney (6-0 e 6-3).

Keys mostrouse contundente co seu saque e segura nas recepcións e non deu ningunha opción a Bouzas, que non gañou nin un só xogo no primeiro set e despediuse do torneo tras perder en menos dunha hora.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade