Dura xornada para De la Puente, que perde a final de dobres de Roland Garros e queda a un paso da individual
Dura xornada para De la Puente, que perde a final de dobres de Roland Garros e queda a un paso da individual
Na sesión matinal, perdeu en dous sets ante o xaponés Tokito Oda, número un do mundo, por 7-6 e 6-2 nunha hora e vinte e cinco minutos
Pola tarde, caeu na final de dobres diante da parella británica formada por Hewett e Reid (6-2 e 6-3)
O vigués Martín de la Puente sufriu onte dúas derrotas que o afastaron dos títulos de Roland Garros.
Pola mañá quedou a un paso da final individual. Perdeu en dous sets ante o xaponés Tokito Oda, número un do mundo, por 7-6 e 6-2 nunha hora e vinte e cinco minutos.
O galego, de 26 anos, clasificárase para as semifinais do cadro individual de tenis en cadeira de rodas coa súa agónica vitoria contra o tamén xaponés Takuya Miki (6-4, 2-6 e 7-6 (8) en 2h25), con remontada no desempate definitivo (de 0-4 a 10-8).
Na sesión da tarde, Martín de la Puente disputou a final de dobres, xunto ao francés Stephane Houdet. E tamén caeu derrotado. Desta volta foi diante da parella formada por Hewett e Reid, por un resultado de 6-2 e 6-3.
Tras as derrotas, o vigués estaba decepcionado, pero valoraba o xeito de ter competido no torneo.