Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín De La Puente acada as semifinais individuais en Wimbledon

Martín De La Puente acada as semifinais individuais en Wimbledon

Vence a Penney por 6-0 e 6-1

Enfrontarase a Tokito Oda, número 1 do mundo

G24.gal 09/07/2026 13:16 Última actualización 09/07/2026 14:06

Martín De La Puente xogará as semifinais individuais de 'Wimbledon' por terceira vez consecutiva. O vigués venceu nos 1/4 de final a Andrew Penney cun contundente 6-0, 6-1 nun partido que durou 53 minutos e que se desputou na pista 17. De La Puente intentará acadar a súa segunda final neste 'Grand Slam'. A primeira foi no 2024, na que caeu fronte Alfie Hewett no partido polo campionato.

O seguinte reto será Tokito Oda, número 1 do ranking mundial da ITF. No seu 'cara a cara' en partidos de 'Grand Slam' o nipón leva a vantaxe. De 7 enfrontamentos, 6 gañounos Oda e nun venceu De La Puente. Casualmente, o partido que gañou o vigués foi o único que desputaron ambos na herba de 'Wimbledon'. Nesta tempada 2026, Oda gañou no duelo directo tanto no 'Australian Open' coma en 'Roland Garros'. De La Puente venceuno este ano na final do 'Open de Río'. 

O vigués busca o seu primeiro título de 'Grand Slam' e o nipón intentará seguir na procura do seu quinto'grande' consecutivo e o seu 3º título en 'Wimbledon'.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade