Cargando resultados...
Martín de la Puente e Rubén Spaargaren entran pola porta grande en semifinais
O galego e o neerlandés xa gañaron en Wimbledon na última edición de 2025
G24.gal
08/07/2026 16:43
Última actualización 08/07/2026 17:33
En Wimbledon, na modalidade de dobres, a parella cabeza de serie número 2 formada por Martín de la Puente e Rubén Spaargaren xa están en semifinais.
Gañaron en dúas mangas á parella formada polo español Daniel Caverzaschi e o norteamericano Ratzlaff por 6-1 e 6-3.
O galego e o neerlandés gañaron a edición de 2025 logo de derrotar os británicos Alfie Hewett e Gordon Reid por un axustado 6-4, 1-6 e 14-12