Jessica Bouzas cae en Toronto ante a experiencia de Svitolina
A tenista de Vilagarcía levou o primeiro set, pero non puido cos dous seguintes
Despídese do WTA 1000 de Toronto na segunda rolda
EFE
Cuarta vez que se enfrontaban Jessica Bouzas e Elina Svitolina e cuarta vez que pasa de rolda a tenista ucraína. Nesta tarde, fixo valer a súa experiencia e o seu maior posto no ranking mundial para pasar á terceira rolda do WTA 1000 de Toronto.
Comezou gañando o primeiro set no tie-break a de Vilagarcía cun apertado 7-6, que aveciñaba como ía ser o resto do partido. Os dous sets seguintes gañounos Svitolina pola mínima, 6-7 e 4-6, aguantando a súa vantaxe ante unha Bouzas con todas as intencións de remontar.
Asñi remata a aventura canadiense para Jessica. O ano pasado conseguira chegar ata cuartos de final neste torneo, pero hoxe tiña diante á número 10 do mundo, unha xogadora á que non foi quen de gañar en ningunha das catro ocasións nas que se enfrontaron. Hoxe, iso si, esixindo moito máis da súa rival. Non tres partidos anteriores non conseguira gañar nin un set a Svitolina.