Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz volve ás pistas no Aberto de Estados Unidos

Carlos Alcaraz volve ás pistas no Aberto de Estados Unidos

O murciano regresa á competición catro meses despois da lesión

Cae do torneo americano Alejandro Davidovich con molestias nas costas

G24.gal 20/08/2026 20:01

Carlos Alcaraz está xa de volta da lesión e pon data ao seu regreso: o 30 de agosto no comezo do Aberto de Estados Unidos en Nova York. O tenista murciano levaba catro meses sen competir logo de lesionarse no pulso dereito durante a celebración do Torneo Conde de Godó en Barcelona o pasado mes de abril. 

Agora, volve a por un torneo dos grandes o actual número 3 do mundo. Alcaraz gañou xa en Estados Unidos no 2022 e no 2025. 

O que cae do US Open é o malagueño Alejandro Davidovich, que tampouco disputou os Master 1000 de Montreal e Cincinaati por unhas molestias nas costas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade