Cargando resultados...
A galega Jessica Bouzas imponse á británica Dudeney en Eastbourne (Inglaterra)
A tenista galega, que vén de ser cuartofinalista en Nottingham, gañou por un claro 6-3 e 6-0
Foto LTA
G24.gal
23/06/2026 14:16
Última actualización 23/06/2026 14:22
A galega Jessica Bouzas impúxose este martes á británica Alicia Dudeney en dous set (6-0 e 6-3) na primeira rolda do WTA 500 de Eastbourne (Inglaterra). A tenista galega vén de ser cuartofinalista en Nottingham (Inglaterra), tamén sobre herba, onde caeu fronte á estadounidense Emma Navarro por 7-6 (6) e 6-2 o pasado venres.
Bouzas, que se atopa no posto 48 da clasificación da WTA, deixou en branco no primeiro set a Dudeney, de 23 anos e número 208 da clasificación mundial. Tampouco tivo moitos problemas para pechar o choque cun 6-3.