Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zverev gaña Roland Garros, e faise co seu primeiro título de Grand Slam

Zverev gaña Roland Garros, e faise co seu primeiro título de Grand Slam

O alemán, número tres do mundo e gran favorito, precisou máis de catro horas e cinco sets contra Cobelli

Na súa cuarta final de Grand Slam conseguiu o primeiro título aos 29 anos

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 07/06/2026 20:30

A priori semellaba que non ía ser unha final tan longa. Pero Zverev sufriu para levarse o seu primeiro título de Grand Slam. É o novo campión de Roland Garros. 

O tenista alemán traballou duro ante o italiano Cobolli. Catro horas e cuarto precisou o número tres do mundo para facerse co partido e, polo tanto, co seu primeiro grande ós 29 anos e no seu cuarto intento. Foi cun resultado de 6-1, 4-6, 6-4, 6-7 e 6-1. Era o terceiro cabeza de serie, pero o italiano vendeu moi cara a súa pel.

Os dous rivais dérono todo na pista. Cobolli levouse o segundo set e no tie-break do cuarto forzou o quinto. Pero entón Zverev sacou o seu mellor tenis, mentres o italiano atravesaba por problemas físicos.

Co triunfo, o alemán saca a espiña das finais perdidas tamén en París hai dous anos, en 2020 nos Estados Unidos, e o ano pasado en Australia. Agora, si, pode dicir que é gañador dun grande.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade