Publicador de contidos

Publicador de contidos

Presentada a fichaxe galáctica do Deportivo

Presentada a fichaxe galáctica do Deportivo

Primeira conferencia de prensa como xogador do Deportivo 

Compromiso, ilusión, experiencia e confianza de que pode achegar desde o primeiro día 

G24.gal 28/07/2026 13:29 Última actualización 28/07/2026 14:41

O xogador de 37 anos viviu este martes a súa primeira conferencia de prensa como xogador do Deportivo. Chega con ganas, confianza e coa convicción de que pode aportar moitas cousas. 

O dianteiro explicou a decisión de aceptar a proposta branca e azul foi case inmediata. 

"Cando chegou a proposta falei coa miña familia e axentes. Temos que escoitar o que teñen que dicir".

"Coñezo o Deportivo desde pequeno, cando xogaba a Champions. Volver velo en Primeira é unha cousa importante".

 Aubameyang insistiu en que o proxecto foi moi importante.

"Poder axudar este equipo é moi importante para min, por iso me gustou moito o proxecto e o que me falaron".  

O atacante asegurou sentirse moi integrado no vestiario desde a súa chegada.

"Desde que cheguei, os compañeiros moi ben, déronme a benvida e estou moi agradecido. Hai moita calidade, iso gústame". 

A nivel persoal, pese aos seus 37 anos, mantén a motivación intacta. 

"Eu persoalmente síntome moi ben. Teño que dar grazas a eles pola confianza. A paixón de xogar é o que me dá forza para continuar aos 37 anos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade