Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta ingresará 1,6 millóns de euros por Miguel Rodríguez por fichar polo Alavés

O Celta ingresará 1,6 millóns de euros por Miguel Rodríguez por fichar polo Alavés

O Celta conservaba arredor dun 50 % dunha futura venta polo xogador da canteira

Imaxe do R. C. Celta de Vigo Imaxe do R. C. Celta de Vigo
G24.gal 27/07/2026 13:29 Última actualización 27/07/2026 14:08

Miguel Rodríguez regresa a Liga da man do Deportivo Alavés nunha operación que ten un impacto positivo na economía celeste. O acordo entre o Utretch e o Alavés inclúe unha plusvalía na que o Celta conserva arredor do 50 %, no momento en que o club neerlandés adquiriu o futbolista na súa propiedade. 

En función das cifras finais, o club vigués podería obter uns 1,6 millóns de euros, unha cantidade interesante por un xogador que saíu da canteira celeste. Debutou en Primeira co primeiro equipo na temporada 2023/2024 e despois emprendería a súa aventura por Países Baixos. 

Para o Celta, a súa fichaxe supón unha mostra do valor que ten a canteira e da importancia dos dereitos económicos dos xogadores formados na Madroa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade