Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova proba de pretemporada para Dépor e Celta (TVG e Agalega.gal)

Nova proba de pretemporada para Dépor e Celta (TVG e Agalega.gal)

O conxunto celeste enfróntase ao Académico Viseu ás 11:00 en Afouteza (TVG) 

O conxunto branco e azul xogará contra o Lugo ás 19:30 no estadio da Magdalena, en Vilalba (TVG)

G24.gal 28/07/2026 08:32 Última actualización 28/07/2026 12:35

Este mércores será un novo día de partidos de pretemporada para Dépor e Celta, que continúan afinando a súa preparación antes do inicio da competición.

O Celta chega cun balance positivo: unha vitoria ante o Sporting de Xixón (1-0) cun gol do canteirán Hugo González, e un empate en Portugal ante o Braga (2-2), un rival máis rodado. Pola súa parte, o Dépor suma tamén unha vitoria contundente contra a S. D. Compostela (0-4) e un empate sen goles ante o Oviedo, recentemente descendido a Segunda División. 

O conxunto de Claudio Giráldez xogará ás 11:00 da maña en Afouteza contra o Académico Viseu, equipo que acaba de ascender a categoría elite de Portugal e que chega cunha semana máis de preparación. O encontro disputarase a porta pechada. 

Pola tarde será a quenda do Dépor, que se enfrontará ao Lugo ás 19:30 no estadio da Magdalena, en Vilalba. O equipo de Hidalgo busca seguir collendo ritmo e integrar as novas incorporacións, entre elas un Aubameyang xa presentado. Miguel Loureiro reincorprouse ao grupo tras completar o proceso de recuperación. En fronte estará o Lugo de Borja Fernández, que afronta o seu segundo amigable despois de empatar ante o Celta Fortuna (1-1)

Ambos encontros poderán seguirse en directo a través da TVG e da plataforma Agalega.gal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade