Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oficial: Altay Bayindir, novo reforzo da portería do Celta

Oficial: Altay Bayindir, novo reforzo da portería do Celta

Chega en calidade de cedido, pero conta cunha opción de compra 

Procedente do Manchester United. A temporada pasada xogou 6 partidos. 17 partidos oficiais en 3 anos. 

Imaxe do R. C. Celta de Vigo
G24.gal 07/08/2026 11:27 Última actualización 07/08/2026 12:26

O Celta de Vigo reforza a súa portería coa chegada do internacional turco Altay Bayindir, que aterriza en Vigo cedido polo Manchester United. A operación inclúe unha opción de compra ao final da tempada, polo que o club podería facerse en propiedade co porteiro. 

Bayindir, de 28 anos e 1,98 metros de altura, destaca pola súa presenza física e pola súa capacidade de xogo aéreo. O Manchester United fichouno hai tres anos procedente do Fenerbahçe por 5 millóns de euros, converténdose no primeiro futbolista turco da historia do club inglés. No club inglés apenas tivo oportunidades para destacar xa que nos tres que estivo alí só asinou 17 partidos oficiais. 

O internacional turco viaxará directamente a Italia para unirse á pretemporada celeste, onde o equipo de Claudio Giráldez disputa os seu último amigable fronte ao Napoli.  O gardameta convértese así na nova competencia de Ionuț Radu e Iván Villar

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade