Celta e Deportivo continúan a preparación en Italia (TVG e Agalega.gal)
O Celta xoga este mércores ante o Sassuolo ás 20:00 horas (TVG e Agalega.gal)
O Dépor xogará este xoves ante a Fiorentina ás 20:00 horas (TVG e Agalega.gal)
O Celta e o Deportivo afrontan esta semana a súa última etapa de preparación en Italia antes de estrearse na Liga. Os vigueses debutarán o domingo 16 ás 21:30 contra Osasuna, mentres que o Dépor xogará o luns 17 ás 21:30 fronte ao Elxe.
O conxunto celeste viaxa hoxe a Italia para medirse ao Sassuolo, nun encontro que se poderá seguir pola TVG. O equipo chega con boas sensacións competitivas tras unha pretemporada marcada pola solidez: 1 vitoria (1-0) ante o Sporting de Xixón e 2 empates ante o Braga (2-2) e o Académico de Viseu (2-2).
O sábado afrontará o último test serio antes da Liga, nada menos que contra o Nápoles ás 21:00 horas.
O Deportivo tamén se instala en Italia esta semana. O xoves xogará un amigable de nivel ante a Fiorentina, igualmente retransmitido pola TVG. A expedición branquiazul chega con boas cifras na pretemporada: Vitorias ante a S. D. Compostela (0-4) e Lugo (1-0) e un empate en Alemaña ante o St. Pauli (2-2).
A gran pregunta segue sendo o futuro de Angeliño, que parece que caerá no conxunto branquiazul.
O sábado o Dépor pechará a pretemporada cun amigable ante o Genoa, antes de regresar para preparar o Teresa Herrera, que este ano terá a visita do Real Madrid o día 12.
Todos os partidos poderán seguirse tanto na TVG como en Agalega.gal.
