Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ilaix Moriba e Matías Vecino, fóra da viaxe a Italia

Ilaix Moriba e Matías Vecino, fóra da viaxe a Italia

Ambos xogadores están pendente do seu futuro

Marco Garcés: "Van os que están preparados para o primeiro partido de Liga"

Imaxes do R. C. Celta Imaxes do R. C. Celta
G24.gal 05/08/2026 13:32

O Celta iniciou este mércores a súa xira de pretemporada por Italia con dúas ausencias de peso: Ilaix Moriba e Matías Vecino. 

A ausencia do centrocampista guineano responde a unha decisión disciplinaria. Os atrasos reiterados nos adestramentos durante as últimas semanas provocaron un profundo malestar no staff técnico que deixaron o xogador en Vigo. A decisión afecta a xira por Italia, na que o Celta se enfrontará ao Sassuolo e ao Nápoles, senón que tamén podería afectar o inicio da competición ligueira fronte ao Osasuna. 

No caso de Matías Vecino, a situación é diferente. O uruguaio queda en Vigo por decisión técnica, nun contexto no que o seu futuro está aberto e podería non encaixar nos plans de Giráldez para esta tempada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade