Última proba antes do inicio de Liga (TVG, G2 e Agalega.gal)
O Celta xoga o sábado ás 21:00 horas ante o Nápoles (TVG)
O Dépor xoga o sábado ás 20:45 horas ante o Genoa (TVG2). Penúltimo partido antes do Teresa Herrera.
Imaxes do R. C. Celta e R. C. Deportivo
Celta e Dépor poñen fin esta fin de semana á súa xira de pretemporada por Italia, antes do inicio ligueiro. No caso do Deportivo, será o penúltimo encontro, xa que o 12 de agosto disputará o histórico Teresa Herrera fronte ao Real Madrid. O Celta, pola súa banda, estrearase en Liga o domingo 16 ás 21:30 horas ante Osasuna, mentres que o Dépor farao o luns 17 ás 21:30 contra o Elx.
O conxunto celeste afronta este sábado ás 21:00 horas un duelo ante o Nápoles, subcampión da Serie A o pasado ano. O encontro poderá seguirse pola TVG. O último partido do equipo italiano foi unha vitoria por 2-1 ante Osasuna, e no seu cadro hai coñecidos da afección celeste, como Lobotka.
A pretemporada do Celta foi da seguinte maneira: 2 vitorias ante o Spórting de Xixón (1-0) e Sassuolo (1-4) e 2 empates ante o Braga (2-2) e o Académico de Viseu (2-2).
O Deportivo tamén xogará este sábado, ás 20:45 horas, ante o Genoa, outro rival de entidade da Serie A. O encontro emitirase pola G2. O equipo coruñés busca seguir afinando sensacións antes do Teresa Herrera e do comezo da competición oficial.
A pretemporada do conxunto branco e azul foi así: Vitorias ante a S. D. Compostela (0-4) e Lugo (1-0) e empates en Alemaña ante o St. Pauli (2-2) e en Italia ante a Fiorentina (1-1)
Poderán seguir o encontro do Celta na TVG, o do Dépor na G2, e ambos tamén a través de Agalega.gal.
