Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo xa é "da Coruña"

O Deportivo xa é "da Coruña"

Un 56 % dos socios participou na enquisa sobre o nome do club

O 79,41 % optou pola adecuación do nome do club ao topónimo da cidade e o 20,59 % votou por manter a denominación antiga

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 23/06/2026 10:48 Última actualización 23/06/2026 10:53

O Real Club Deportivo de La Coruña S. A. D. celebrou este martes 23 de xuño ás 9:00 horas a súa Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas, en primeira convocatoria e con presenza de notario, en que se aprobou a adecuación da denominación social do Club ás disposicións da Lei 2/1998, que establece a obriga de utilizar a denominación “A Coruña” para referirse ao topónimo da cidade.

A Xunta contou coa participación de accionistas que representaban o 99,864 % do capital social. Todos os acordos sometidos a votación foron aprobados por unanimidade dos accionistas presentes, conforme á orde do día publicada na páxina web corporativa do club o pasado 22 de maio de 2026.

O punto principal da sesión foi a información sobre o resultado da consulta vinculante realizada ás persoas abonadas do Club entre os días 17 e 21 de xuño, en que se lles preguntou se o R. C. Deportivo debía adaptar a súa denominación social ás disposicións da citada Lei 2/1998. A consulta contou cunha participación do 55,96 % sobre o censo de abonados con dereito a voto e deu un resultado favorable á modificación nunha porcentaxe superior ao 79,41 % dos votos validamente emitidos.

Unha vez informado o resultado da consulta, elevouse á Xunta Xeral de Accionistas a decisión de modificar a denominación social do club e, en consecuencia, o artigo 1 dos Estatutos Sociais. A proposta foi aprobada por unanimidade dos accionistas presentes na Xunta, que representaban o 99,864 % do capital social. Con esta decisión, o R. C. Deportivo avanza na adecuación formal da súa denominación social ao marco legal vixente e culmina un proceso desenvolvido coa participación das persoas abonadas, con garantías societarias e pleno apoio accionarial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade