O aleiro Aranitovic asina a continuidade co Río Breogán
O croata xogará por terceiro ano consecutivo en Lugo
Nos dous anos en ACB foi un prodixio de regularidade con promedios de 7 puntos en 20 minutos por partido
Alexander Aranitovic é a primeira renovación no plantel do Río Breogán. O aleiro croata xogará por terceira temporada seguida en Lugo, unha garantía para o xogo exterior do equipo lugués. Aranitovic foi un prodixio de regularidade con dúas temporadas nas que calcou os números: 20 minutos, 7 puntos por partido e 4 rebotes.
Adaptado á cidade e á Liga ACB foi unha das peticións do tamén renovado adestrador Luis Casimiro. Aranitovic é un gran xogador de equipo capaz de brillar en partidos como a vitoria de hai uns días en Madrid onde estableceu con 19 puntos a súa mellor marca da temporada.