Carlos Alcaraz, baixa tamén en Queen's e Wimbledon
Alcaraz: "A miña recuperación vai por bo camiño e síntome moito mellor, pero desgraciadamente aínda non estou listo para poder xogar, e por iso teño que renunciar á xira de herba en Queen's e Wimbledon"
Foto Europa Press
O tenista español Carlos Alcaraz anunciou en redes sociais que será baixa en Queen's e Wimbledon debido á lesión no pulso dereito que arrastra desde o Conde de Godó. O murciano non poderá defender o título en Queen's nin a final de Wimbledon que alcanzou no 2025 debido a esta lesión que lle fixo perder xa Madrid e Roma e que tamén o levou a anunciar a baixa en Roland Garros que empeza o vindeiro domingo.
"A miña recuperación vai por bo camiño e síntome moito mellor, pero desgraciadamente aínda non estou listo para poder xogar, e por iso teño que renunciar á xira de herba en Queen's e Wimbledon"
"Son dous torneos realmente especiais para min e botareinos moito de menos. Seguimos traballando para volver canto antes", dixo Alcaraz nas súas redes sociais.
O tenista español lesionouse durante a disputa do Conde de Godó no pulso e tivo que renunciar ao resto da tempada de terra batida, incluíndo os Masters 1000 de Madrid e Roma e tamén Roland Garros que arrinca este domingo. O obxectivo agora será volver na xira de cemento norteamericana, co Masters 1000 do Canadá (do 2 ao 13 de agosto) e o Masters 1000 de Cincinnati (do 13 ao 23 de agosto)
Mi recuperación va por buen camino y me siento mucho mejor, pero desgraciadamente aún no estoy listo para poder jugar y por eso tengo que renunciar a la gira de hierba en Queen’s y Wimbledon. Son dos torneos realmente especiales para mí y los echaré mucho de menos. Seguimos… pic.twitter.com/6IL0APkv5G
— Carlos Alcaraz (@carlosalcaraz) May 19, 2026