Cargando resultados...
Francis Alonso, terceira renovación no Breogán
O malagueño é o o segundo mellor anotador nacional da Liga Endesa
Foto Breogán
G24.gal
20/05/2026 14:19
Última actualización 20/05/2026 14:24
Francis Alonso seguirá defendendo a camiseta do Río Breogán na Liga Endesa na tempada 2026/2027. O seu regreso á máxima categoría da man do club celeste, cunha excelente adaptación ao estilo de xogo de Luis Casimiro, lévao a ser un dos grandes anotadores da competición.
Aos seus 29 anos, o xogador malagueño de 1,91, internacional con España nas últimas ventás FIBA, está a promediar 14 puntos cun excelente 40,2 % de acerto desde a liña de tres puntos, un 51,2 % en tiros de 2 puntos e un 90 % desde o tiro libre, sendo o segundo mellor anotador nacional da Liga Endesa.
Ademais, capturou 2 rebotes e deu 1,4 asistencias por partido nos 32 partidos disputados.