Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conta atrás para o anuncio da renovación de Iago Aspas

Conta atrás para o anuncio da renovación de Iago Aspas

A oportunidade de volver a Europa deulle un empurrón ao moañés para renovar

Foto Celta
G24.gal 20/05/2026 10:59 Última actualización 20/05/2026 11:08

A celebración pola clasificación europea deixounos un Iago Aspas con ánimos renovados

Semella que a oportunidade de volver a Europa deulle un empurrón ao moañés para renovar, decisión que avanzou que comunicará estes días.

A temporada pasada o capitán cumpriu a promesa feita oito anos atrás tras caer nas semifinais de Manchester. Agora, coa Conference no peto, deixou entrever gañas de máis antes de colgar as botas.

O que pide o celtismo é seguir celebrando éxitos co seu capitán. O próximo sábado poden certificar a sexta praza que outorga o billete a Europa League. Clasificación que daría máis ingresos e unha eliminatoria menos, a previa do mes de agosto da Conference.

En calquera caso, o Celta xa logrou o fito de repetir clasificación europea por segunda temporada consecutiva, algo que nos últimos anos só estaba ao alcance dos grandes orzamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade