Claudio Giráldez, sobre Cáceres: "É un xogador dinámico, móbil e agresivo"
Febas é baixa para Anoeta por unha contusión no costado dereito
Pechouse o mercado e Claudio está "contento e satisfeito". Di que conta cun equipo "equilibrado e competitivo". Así falou de Sebastián Cáceres, a última fichaxe.
"É un xogador dinámico, móbil, agresivo. Con moitos partidos de responsabilidade".
O extremo marroquí Couhaib Driouech estreouse este mércores nunha convocatoria co Celta, á que regresa o defensa Marcos Alonso tras cumprir sanción fronte ao Athletic Club e da que cae, por lesión, o centrocampista Aleix Febas.
O exfutbolista do PSV Eindhoven, polo que o Celta pagou preto de sete millóns de euros, podería ter os seus primeiros minutos fronte á Real Sociedade en Anoeta, onde Claudio Giráldez aínda non poderá contar co mundialista Borja Iglesias, na recta final da recuperación da súa lesión no sóleo esquerdo.
“Non o vexo para xogar de cara, pero si pode ter minutos”, dixo o técnico celeste sobre a posible titularidade de Couhaib Driouech.
Febas é baixa para Anoeta por unha contusión no costado dereito.