A vilagarciá Jéssica Bouzas xoga en segunda rolda do US Open contra a kazaka Rybakina
Bouzas venceu en primeira rolda 6-3, 6-4 a checa Vidmanova, nun partido que tivo que ser suspendido pola chuvia
A galega enfrontarase agora en segundao rolda á numero 2 do mundo
Dan Hamilton-Imagn Images Arquivo
A galega Jéssica Bouzas, número 105 do mundo, comezou con bo pé a súa aventura no US Open. A tenista de Vilagarcía de Arousa impúxose esta madrugada á checa Darja Vidmanova por 6-3 e 6-4, nun encontro que estivo condicionado por unha interrupción de aproximadamente dúas horas debido á choiva.
Bouzas mostrou unha versión sólida para resolver un partido no que soubo manter a concentración pese ao parón. A galega aproveitou as súas oportunidades ao resto e terminou pechando o encontro en dous mangas para alcanzar a segunda rolda do último grand slam da tempada, o que lle permite entrar de novo no top 100 do ránking WTA.
O triunfo, ademais, ten un premio maiúsculo. O seu seguinte rival será Elena Rybakina, número dous do ránking mundial, nun duelo que supoñerá unha nova oportunidade para a española de medirse cunha das grandes figuras do circuíto.