Cagiao e Ares, favoritos no Terra de Galicia que percorrerá a bisbarra de Bergantiños
Terá un remate espectacular o sábado con dúas pasadas polo circuíto de Arteixo, emitidas ademais pola G2 e AGalega.gal
Todo listo para que comece o Rally Terra de Galicia, onde poderemos ver a Jorge Cagiao, gañador o ano pasado da primeira edición,e que estreará un flamante e competitivo Lancia. Na presentación na Coruña destacouse o nivel dos participantes, onde brilla Iván Ares, favorito tamén a facerse co este Rally de Terra.
Ernesto Rumbo, Organizador Terra de Galicia: "Queremos achegar o público usando os circuítos da Base e Carballo".
"Xa lle dixen a Jorge Cagiao e Iván Ares que fosen coa cabeza tranquila".
Máis de 600 persoas participan nunha proba que mañá ten o día de test en Tordoia e que será o protagonista deportivo da fin de semana na bisbarra bergantiñá. e cun remate espectacular o sábado con dúas pasadas polo circuíto de Arteixo, emitidas ademais pola G2 e AGalega.gal.