Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro Muñiz, tras o incendio do seu Fabia: "Saímos case ilesos do que parecía que sería o final"

Álvaro Muñiz, tras o incendio do seu Fabia: "Saímos case ilesos do que parecía que sería o final"

O piloto coruñés tivo que facerlle o boca a boca a Néstor Casal que quedara inconsciente polo brutal impacto

G24.gal 06/07/2026 15:45 Última actualización 06/07/2026 15:51

A traxedia bordeou o rally Rías Baixas. Álvaro Muñiz e o seu copiloto Néstor Casal caeron por un barranco a 150 por hora e o seu Skoda quedou desfeito polas lapas. Muñiz chegaba motivado a esta cita, viña de gañar o rally de Ourense. Caeron por un desnivel a gran velocidade.

O piloto coruñés, con problemas de visión, tivo que facerlle o boca a boca a Néstor que quedara inconsciente polo brutal impacto. Conseguiu reanimalo e o máis dificil, logrou sacalo do coche cando o Skoda comezaba a arder.

Foron momentos de moita tensión. Afortunadamente os dous alcanzaron a estrada deixando atrás un incendio que comezaba a estenderse con rapidez. O coche quedou calcinado e o tramo foi suspendido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade