Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Cohete' Suárez gaña o Rally Rías Baixas e afianza o liderado do S-Cer

'Cohete' Suárez gaña o Rally Rías Baixas e afianza o liderado do S-Cer

O piloto asturiano acadou o terceiro triunfo da temporada

G24.gal 04/07/2026 20:50

O Rally Rías Baixas resolveuse co último treito no Castro, que puidemos ver en directo a través da G2 e AGalega.gal. Logo de dos días intensos, con polémicas e moita emoción, a proba terminou co triunfo do Cohete Suárez.

O piloto asturiano mantivo a súa pequena vantaxe nos últimos treitos e logrou a vitoria con 21 segundos de marxe sobre o segundo clasificado, que foi o tamén asturiano Diego Ruiloba, e de 48 segundos sobre o terceiro, o cambrés Iván Ares.

Álvaro Muñiz tivo un accidente no penúltimo treito e foi trasladado a un centro médico por precaución. Terminaba así un Rallie Rías Baixas que mantivo a incerteza case ata o final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade