Álvaro Muñiz relata o seu accidente no Rally Rías Baixas
Álvaro Muñiz aínda revive con intensidade o brutal accidente que sufriu hai un mes no Rally Rías Baixas, un suceso que puido custarlle a vida tanto a el como ao seu copiloto, Néstor Casal. O piloto recoñece foi unha situación “unha entre un millón” onde saíron prácticamente ilesos.
“Todas as posibilidades que se podían dar alí, deuse a mellor de todas: saír ilesos, ou practicamente ilesos".
"Como se estás no medio dun tiroteo, pásanche vinte balas rozando e ningunha che dá”.
“Houbo moitos momentos críticos que puideron ser o final”.
O piloto define o feito ocorrido como "un inferno"
“Non podes agora afundirte porque fose unha situación dramática. En 25 anos tocoume pasar por iso unha vez, a Néstor tamén. Hai que ser positivos e igual nos seguintes 25 non toca, non?”
Muñiz xa está centrado en volver ás carreiras canto antes. un dos obxectivos é reconstruir o vehículo
"Podemos facelo porque hai unha pequena parte do coche, a caixa de cambios e o motor, que salvamos. Aínda así hai un burato importante, pero hai que traballar para iso”.
“Non podo agardar ao ano que vén para volver montar nun coche de carreiras. É moito tempo para min e para a miña forma de pensar”.
Aínda que non ten previsto completar o campionato, si quere estar en varias probas para “pasar páxina” do que ocorreu.