Marc Casadó e Josema Giménez redondean o proxecto do Deportivo
O catalán chega cedido polo Fútbol Club Barcelona cunha opción de compra non obrigatoria de 30 millóns de euros
O central uruguaio tamén chega a préstamo e o Atlético de Madrid faise cargo de boa parte da súa elevada ficha. Tamén hai opción de compra ao remate da temporada.
No último día de mercado deixaron o club Jose Ángel Jurado, tras rescindir o seu contrato, e o porteiro Eric Puerto, que xogará cedido no Penafiel portugués
Última xornada do mercado de fichaxes con traca final por parte do Deportivo da Coruña. Pese a que o seu director deportivo Fernando Soriano declaraba o pasado domingo que non esperaba moitos movementos nas últimas horas o club herculino apurou a chegada de dous xogadores de calidade contrastada, procedentes de equipos Champions League e que chegan en calidade de cedidos.
Mar Casadó é un medio centro que deslumbrara hai duas temporadas coa súa irrupción no equipo campión que configurou Hansi Flick no F. C. Barcelona. Aproveitou unha lesión de De Jong para facerse coa titularidade e chegou a ser internacional da man de Luis de la Fuente. Certo é que co paso do tempo foi perdendo protagonismo no cadro culé e a temporada pasada non chegou aos mil minutos de xogo no campionato ligueiro.
Josema Giménez foi o referente da defensa colchoneira durante boa parte da estadía do Cholo Simeone no Atlético de Madrid. As lesións marcaron o seu rendemento nas últimas temporadas. A campaña pasada participou soamente en dezaseis partidos ligueiros. Esta temporada participou nos dous últimos partidos do Atlético de Madrid, ante Vilarreal e Sevilla, pero sempre saíndo desde o banco de suplentes.
Pola contra deixaron o club Jose Ángel Jurado e Eric Puerto. O medio centro andaluz deixa o Dépor tras tres temporadas e despois de chegar a ser capitán. Rescindiu contrato e é xogador libre para asinar por calqueira outro club. O porteiro sae cedido cara o Penafiel portugués.