Publicador de contidos

Publicador de contidos

Garcés recoñece interese do Celta por Sebastián Cáceres

Garcés recoñece interese do Celta por Sebastián Cáceres

Garcés tamén valorou o inicio de liga do club, quitándolle ferro

O Celta presentou a Couhaib Driouche

Foto Celta
G24.gal 31/08/2026 15:26 Última actualización 31/08/2026 15:35

Durante a presentación de Couhaib Driouche, o Director de Fútbol do Celta, Marco Garcés, respondeu a algunha pregunta sobre o mercado de fichaxes. O mexicano recoñeceu que o Celta non baixou a persiana, e que segue atento ao que poida pasar nestes dous últimos días con posibles entradas e algunha saída, aínda que non de xogadores que conten para Claudio Giráldez:

 

"O mercado está aberto, nós estamos estamos a movernos, traballando intensamente, non estamos a nos expor ningunha saída. Obviamente nunca sabes o que pode suceder, pero non temos ningunha saída en porta. Estamos a intentar movernos para traer algún reforzo", explicou,

 

Matizou que a de Carles Pérez "é unha saída posible". Tamén se lle preguntou pola posible fichaxe de Sebastián Cáceres,  Celta e América están a ultimar os detalles do acordo:

 

"É unha das opcións que manexamos".

 

Garcés tamén valorou o inicio de liga do club, quitándolle ferro

 

"Foi difícil, non comezamos como quixésemos, pero estamos a 1-2 puntos do inicio anterior; se gañamos á Real, estariamos mellor que o ano pasado. Non é motivo para levantar as alarmas"

 
 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar