Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sar acolle o derbi entre Obradoiro e COB, fundamental para o ascenso á ACB

O Sar acolle o derbi entre Obradoiro e COB, fundamental para o ascenso á ACB

O cadro obradoirista pasou a depender del mesmo e se gaña todos os partidos ascenderá á máxima categoría

O Básquet Coruña estará pendente dunha axuda dun COB que aínda ten opcións de xogar o play off de ascenso

O partido verase na G2 e Agalega.gal este venres ás 20:00 horas

G24.gal 16/04/2026 12:17

Novo derbi da máxima na Primeira FEB. Xogan o Monbús Obradoiro e o Cloud.gal Ourense Baloncesto na xornada 30 co equipo santiagués dependendo del para lograr o ascenso á Liga ACB e o equipo ourensán cunha das últimas oportunidades de engancharse ao noveno posto que dá acceso á fase de ascenso. O enfrontamento verase este venres en directo na G2 e Agalega.gal a partir das 20:00 horas.  

Despois da vitoria en Coruña o sábado pasado o Obradoiro sabe que non pode deixar escapar ese primeiro posto co que busca o ansiado ascenso. Quédanlle cinco finais e a primeira será diante dun rival que xa lle gañou na primeira volta do campionato e que o ano pasado foi quen de impoñerse no Multiusos Fontes do Sar. 

O COB non chega no mellor momento da temporada -leva 3 derrotas seguidas- pero neste tipo de partidos o plantel e o cadro técnico dirixido por Moncho López sempre demostrou estar á altura. O Obradoiro leva unha serie de doce vitorias seguidas, é o equipo máis poderoso de toda a Primeira FEB no aspecto ofensivo (92'1 puntos de media por encontro) e os seus xogadores máis determinantes pasan polo mellor momento do campionato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade