Epi: "O equipo de Carles sabe como respiro, como me levanto, como durmo, o que me adestro"
O derbi será ofrecido en directo pola primeira canle da TVG
Diego Epifanio, adestrador do Monbus Obradoiro, afronta o derbi galego ante o Leyma Coruña, o seu ex equipo, cunha idea moi clara: o partido do sábado será tan esixente no emocional como no deportivo.
O técnico dos composteláns insistiu en que, máis aló da expectación xerada durante semanas, o verdadeiramente importante é o peso clasificatorio do encontro e a capacidade do seu equipo para xestionar o ambiente.
Epi destaca o partido como “importante para a clasificación. Iso é o máis importante como equipo para desenvolver o noso traballo".
"O ruído que hai habido desde hai dous meses sobre este partidazo creo que os dous equipos levámolo ben. Agora é verdade que se vai a ver un ambientazo na bancada. Vendeuse todo. Vai ser unha festa do baloncesto galego. Agora imos ver como somos capaces os dous equipos de sobrevivir ou de desfrutar esa situación o día do partido”.
A Epifanio gustaríalle estar na situación de Carles Marco.
"Carles (Marco) xoga cunha vantaxe máis. Á parte de estar na casa e do ambiente, o staff co traballa estivo comigo tres anos. Saben como respiro, como me levanto, como durmo, o que digo, o que adestro e o que penso".
O derbi será ofrecido en directo pola primeira canle da TVG.