Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo de Álex Ortiz estréase con vitoria en Cáceres (1-2)

O Lugo de Álex Ortiz estréase con vitoria en Cáceres (1-2)

O cadro galego volve aos postos de promoción de ascenso

Decidiron os goles de Reniero e Unzueta; Sanchidrián acurtou a diferenza no engadido

G24.gal 29/03/2026 23:03

O Lugo recupera o ritmo da promoción de ascenso. Despois da destitución de Yago Iglesias, en Cáceres comezaba unha nova etapa da man do técnico Álex Ortiz. E fíxoo con vitoria, diante dun rival que ocupa posto de descenso á Segunda RFEF.

O encontro comezou con susto local, cun violento lanzamento de Emi que marchaba por riba do traveseiro. O Lugo foi entrando no choque,m e dunha boa combinación saiu o seu primeiro remate preto do poste.

Houbo que agardar ata o último minuto da primeira metade para ver o primeiro tanto, e foi do equipo galego, nunha boa culminación de Reniero e Gallar que culminou o dianteiro. 0-1 ao descanso.

A segunda metade volveu comezar con intentos lonxanos. Jorge González probou fortuna polo Lugo, e Berlanga topou con Marc Martínez.

Mediada esta segunda metade chegaba o tanto da tranquilidade. Asiste desta volta Reniero, e o que marca con moito sangue frío é Unzueta. Co 0-2 o Cacereño non conseguiu crear moito perigo, máis aló dun remate de Monerris desde a frontal. Pero no treito final si puxo cerco á área galega. Un centro lateral complicouselle a Marc Martínez. Outra ocasión tivo que sacala baixo paus Gayá. E, xa no tempo engadido, Sanchidrián cabeceaba a pracer á saída dun córner e acurtaba diferenzas.

Quedou nun susto, vitoria final do Lugo, que se mete na quinta praza con 45 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade