O Deportivo Abanca perde co Atlético pero festexa a permanencia
Caeu por 2-0 pero, a falta de cinco xornadas para o final, garante que seguirá na Primeira División logo dos resultados dos seus rivais
O Deportivo Abanca seguirá unha temporada máis na Primeira División do fútbol feminino. A derrota do Alhama diante da Real Sociedade fai que ningún dos dous equipos poida chegar matematicamente aos puntos que ten o cadro coruñés que consegue a falta de cinco xornadas o obxectivo co que principiara o campionato.
Perdeu por 2-0 no campo do Atlético de Madrid pero agora ten os meses de abril e maio para ir planificando unha campaña máis na elite, a terceira consecutiva -fito na historia da entidade deportivista-. O Atlético marcou na primeira xogada do partido, cun gol de Vilda Boe Risa, e a dez minutos do final cando sentenciou Gio Queiroz.
Polo medio, o equipo de Fran Alonso discutiulle a posesión ao Atlético pero faltoulle moita pegada arriba. Só co segundo gol local espertaron as dianteiras coruñesas que tiveron ata tres ocasións nos últimos minutos para meterse no partido.